Código Técnico da Edificación

Código Técnico da Edificación

Con data 28 de marzo de 2017 publicouse o Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación.

O Código Técnico da Edificación (CTE) é unha normativa estatal de obrigado cumprimento aprobada en 2006 e sobre a que as comunidades autónomas poden facer incorporacións e que establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relacións cos requirimentos básicos de seguridade e habilitabilidade establecidos na Lei de ordenación da edificación (LOE).

O código divídese en dúas partes, ambas de carácter regulamentario. A primeira contén as disposicións e as condicións xerais de aplicación do CTE e as esixencias básicas que deben cumprir os edificios. As esixencias básicas son as que deben cumprirse no proxecto, a construción, o mantemento e a conservación dos edificios e as súas instalacións para acadar as prestacións que satisfagan os requirimentos básicos da LOE.

A segunda está formada polos denominados documentos básicos para o cumprimento das esixencias básicas do STE. Estes documentos, baseados no coñecemento consolidado das distintas técnicas construtivas, actualizaranse en función dos avances técnicos e as demandas sociais e aprobaranse regulamentariamente. 

Ligazón.- Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación