Pacto de vivenda de Galicia 2021 - 2025

Pacto de vivenda de Galicia 2021 - 2025

Documento coas liñas estratéxicas para o período 2021-2025 elaborado no seo do Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia, constituído polos representantes das Administracións públicas con competencias na materia e os representantes de entidades, institucións ou asociacións que agrupan persoas físicas ou xurídicas que teñen a consideración de axentes da edificación na lei 38/1999 de 5 de novembro, de ordenación da edificación así como os axentes da propiedade inmobiliaria e administradores da propiedade inmobiliaria, como profesionais da intermediación inmobiliaria.


Desa análise conxunta e da contribución de todos os representados no Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia, xorde este documento, baixo a denominación Pacto da vivenda de Galicia 2021 -2025, no que se recollen as liñas de actuación pública na materia e que se constitúe como un instrumento de planificación das políticas públicas neste campo para o período 2021-2025 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Indice de contidos:

1. Consideracións previas.
2. Liñas estratéxicas
3. Liña estratéxica A.- Acceso á vivenda
   Eixo 1. Acceso á vivenda
   Eixo 2. Prevención da exclusión residencial 
4. Liña estratéxica B.- Rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas
   Eixo 1. Rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas
5. Liña estratéxica C.- Solo residencial 
   Eixo 1. Solo residencial 
6. Liña estratéxica D.- outras medidas en materia de vivenda e rehabilitacion 
   Eixo 1. Outras medidas en materia de vivenda e rehabilitación
7. Xestión e financiamento

Documento.- Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025

Noticia.- O Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 avanza co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias