RehaVIta 2016-2020. O plan de Galicia

O Plan rehaVIta, aprobado polo Consello da Xunta,  define as liñas estratéxicas das políticas públicas en materia de vivenda e suporá mobilizar máis de 600 millóns de euros, cunha previsión de beneficiar a máis de 152.000 galegos.Documento.- Plan rehaVIta 2016-2020

Páxina web áreas de rehabilitación integral (ARI)

A seguinte ligazón dá acceso á páxina web das áreas de rehabilitación integral (ARI), que conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por parte do IGVS xunto coa colaboración dos concellos.

Na web pódese consultar información de todas as ARI de Galicia e, especialmente, das ARI dos Camiños de Santiago.

Ligazón.- Páxina web áreas de rehabilitación integral (ARI)

Visor web

Esta ferramenta amosa a delimitación climática de arquitectura pasiva, que permite adoptar as solucións máis axeitadas de acordo coa localización específica do edificio e que, polo tanto, será unha ferramenta importante.

Ligazón.- Visor web

Base de datos da construción de Galicia (BDC)

A BDC é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou como elemento de consulta. Contén os prezos básicos -maquinaria, man de obra, produtos e materiais- e unha parte importante das unidades de obra empregadas en edificación, urbanización -obra civil, restauración, mantemento e seguridade- e saúde laboral. A maioría dos prezos contidos son paramétricos. Tamén inclúe pregos de condicións, gráficos e textos que poden empregarse ao desenvolver un proxecto.

Visor web con información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación do litoral de Galicia

A Xunta pon en marcha un visor web a través do que cidadanía, empresas e administracións poderán acceder a información cartográfica do territorio regulado pola Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, que entrou en vigor recentemente.

Ligazón.- Visor web

Simulador de cálculo de axudas IGVSNextCal

O simulador de cálculo IGVSNextCal, é unha ferramenta que axuda a impulsar a rehabilitación enerxética das vivendas. Como resultado proporciona unha estimación das actuacións de rehabilitación necesarias para conseguir as distintas axudas Next Generatión xestionadas polo IGVS, o importe destas actuacións, o importe das axudas, o investimento estimado e o custo de enerxía aforrada coas obras.