As hipotecas sobre vivendas aumentaron un 36 % no mes de xaneiro en Galicia

As hipotecas sobre vivendas aumentaron un 36 % no mes de xaneiro en Galicia

Segundo os recentes datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as hipotecas sobre vivendas aumentaron un 36 % no mes de xaneiro en Galicia en comparación co mesmo mes do ano anterior. Galicia presenta o quinto maior aumento de tódalas autonomías, estando moi por encima do aumento do país que se cifra en 6,1 %.

En total, creáronse 2.064 hipotecas repartidas entre fincas rústicas e urbanas, por un capital de 189 millóns de euros. 

 

Fonte | Atlántico