IV Congreso EECN Edificios Energía Casi Nula. Madrid. 13-14/12/2018

IV Congreso EECN Edificios Energía Casi Nula. Madrid. 13-14/12/2018

O Congreso de Edificios de Enerxía Case Nula (EECN) é o principal Foro de encontro profesional no que abordar o estado actual dos Edificios de Alta Eficiencia e as implicacións que representan para o sector da edificación, a construción, a arquitectura e os servizos relacionados no noso país.

O Congreso aborda os aspectos clave que afectan aos Edificios de Consumo de Enerxía Case Nulo en España e permite ao asistente coñecer a actualidade legal e técnica para conseguir edificios que apenas consuman enerxía a partir de 2018 para os edificios da Administración, e en 2020, para o resto de edificios.

No Congreso contémplanse unha ampla variedade de contidos a través de relatores destacados pola súa experiencia, coñecementos e capacidade de comunicar. As Áreas Temáticas a tratar no Congreso son:

  • Iniciativas para fomentar os EECN
  • Deseño e Solucións Arquitectónicas
  • Solucións Construtivas, Sistemas e Tecnoloxías integrables
  • Integración de Enerxías Renovables in situ ou na contorna do Edificio
  • Rehabilitación de Edificios
  • Planificación e Rexeneración Urbana
  • Uso, Xestión e Mantemento
  • PROXECTOS E OBRAS EECN (Proxectos de Edificios de Consumo de Enerxía Case Nulo de obra nova ou rehabilitación en marcha: en fase obtención licencia, en obra ou edificios xa construídos). 

Ligazón.- Programa do evento

Ligazón.- Inscrición

Ligazón.- Máis información