A moratoria para a autorización das vivendas turísticas xa actúa no Concello de Santiago

A moratoria para a autorización das vivendas turísticas xa actúa no Concello de Santiago

O Concello de Santiago aprobou a suspensión cautelar das autorizacións de nova oferta turística na capital galega. Esta moratoria terá unha extensión dun ano, mentres o Concello usa o tempo en estudar a situación e procura melloras na regulación. Tamén colaborará coa Policía Local e Autonómica co obxectivo de identificar aos propietarios dos inmobles irregulares.

Santiago é a única cidade galega que polo momento aplicou este tipo de medidas. Esta semana aprobáronse suspensións dalgunhas solicitudes de licencias de estabelecementos turísticos.

Fonte| El Correo Gallego