No primeiro trimestre de 2022 producíronse 15 veces máis desahucios que ocupacións en España

No primeiro trimestre de 2022 producíronse 15 veces máis desahucios que ocupacións en España

Durante o primeiro trimestre de 2022 e segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) producíronse en territorio español un total de 11.000 desahucios, sendo a imposibilidade de afrontar o alugueiro a causa principal destes (75% do total).

Os desahucios de familias que non puideron afrontar a hipoteca creceou nun 8,1% respecto do ano pasado, situándose nun total de 2.755, número que podería incrementarse ante o incremento do euribor e por tanto da cuantía do pago anual das hipotecas de tipo variable.

Os informes do Consello Xeral do Poder Xudicial tamén informan no número de xuicios verbais por ocupacións, cun total de 740 xuicios durante o primeiro trimestre de 2022, unha cifra 6,3% menor que os datos do ano pasado.

Fonte.- El Salto