O alugueiro encareceuse en Galicia un 19% con respecto a 2019 segundo Idealista

O alugueiro encareceuse en Galicia un 19% con respecto a 2019 segundo Idealista

Segundo os datos do portal inmobiliario Idealista vivir de alugueiro en Galicia foi un 19% máis caro no mes de febreiro en comparación ao mesmo mes de 2019 mentres que o prezo de compra de vivenda na comunidade encareceuse un 8,4%.

Por provincias , na Coruña o valor dos alugueiros, en comparación a hai catro anos, é un 21,8% máis caro, mentres que as vendas subiron un 17%, en Lugo aumentaron os prezos do alugueiro nun 20% ao contrario das vendas que diminuíron un 2,4%, en Ourense deuse o maior crecemento das rendas, xa que foi do 25,7% en comparación a 2019 , polo 1,1% das vendas e por último, en Pontevedra, arrendar unha casa é un 8,6% más caro que hai catro anos ademáis de ten o maior aumento no prezo de compra cun crecemento do 18% con respecto ao mesmo mes de 2019.

Fonte.- Galicia Press