O covid freou os desafiuzamentos na área de Vigo coa cifra máis baixa en 8 anos

O covid freou os desafiuzamentos na área de Vigo coa cifra máis baixa en 8 anos

As circunstancias da pandemia foron clave na cifra de desafiuzamentos executados durante o ano pasado en Vigo. Segundo a última estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, 2020 rexistrou o número máis baixo de desaloxos en 8 anos, cun total de 243, menos mesmo que en 2018 un ano no que a actividade dos xulgados (encargados de tramitalos e executalos) tamén se viu afectada  pola folga de funcionarios. 

O descenso foi paulatino desde 2014, o ano de marca, con case o 40% máis de desafiuzamentos en Vigo que o pasado ano e a maior cifra de execucións por falta de pagamento de hipoteca neste período.

Comparando coa situación precovid, en xeral a tendencia é á baixa, por baixo dos 400 e dos 385 desafiuzamentos rexistrados en 2017, o exercicio co que habería que comparar para poder obter unha radiografía real e non nesgada polas circunstancias especiais tanto de 2018 (folga) como en 2020 (covid).

Fonte | Atlántico