O prezo do alugueiro sube un 1,9% en xullo en Galicia, o cuarto maior incremento segundo datos de Idealista

O prezo do alugueiro sube un 1,9% en xullo en Galicia, o cuarto maior incremento segundo datos de Idealista

O prezo do alugueiro de vivenda aumentou un 1,9% en Galicia no mes de xullo, a cuarta maior subida a nivel nacional, segundo o último informe de Idealista.

No conxunto nacional, a subida foi de só un 0,1%, se ben o prezo descendeu nas principais cidades e xa acumula unha baixada do 0,4% dende fai tres meses e do 0,5% respecto ao prezo máximo da serie histórica rexistrada en maio.

Por comunidades autónomas, o prezo medio do alugueiro creceu en nove autonomías con respecto ao mes de xuño. Liderou as subidas Cantabria (+4,4%), Extremadura (+2,3%), Murcia (+2,1%) e Galicia (+1,9%), seguidas de Castilla-La Mancha (+0,8%), La Rioja (+0,6%), Aragón (+0,5%), País Vasco (+0,4%) e Andalucía (+0,3%).

Por outro lado, os prezos descenderon en Baleares (-3,6%), Canarias (-2,2%), Navarra (-1,9%), Cataluña (-1,5%), Comunidad de Madrid (-1,3%) e Comunidad Valenciana (-0,5%), mentres que se mantiveron estables en Castilla y León e Asturias.

 

Fonte | La Opinión Coruña