A ocupación ilegal está en mínimos en Ribeira tras a actuación policial

A ocupación ilegal está en mínimos en Ribeira tras a actuación policial

Grazas ao traballo diario da Policia Nacional en Abesadas, a ocupación ilegal, que comenzou durante o confinamento nas rúas Xosé Ramón Fernández Barreiro e Alcalde Fernández Bermúdez, comeza a solventarse. Os axentes lograron que gran parte dos okupas abandoasen o lugar, conseguindo rebaixar a tensión no barrio.

No momento de maior ocupación encontrábanse no lugar entre 20 e 25 persoas, a día de hoxe a okupación reducíuse notablemente, pois so restan 5 okupas no lugar. A Policía Nacional chegou a facer guardias de case 24 horas diante dos edificios, realizando controis a todas as persoas que entrasen no interior dos edificios. Varios dos inquilinos que deixaron os edificios ocupados fixérono por forza maior, tiveron que entrar en prisión. Agora, so resta ver se regresan en canto saian do cárcere. Con todo, logrouse que os residentes dos barrio de Abesadas comezen a recuperar a normalidade previa ó confinamento. Estes destacan que os incidentes e pelxas nocturnas desapareceron case por completo e que a situación está moito máis tranquila.

Fonte | La Voz de Galicia