Axuda para a compra de vivenda de menores de 35 anos

A Xunta de Galicia subvencionará con ata 10.800 euros a adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes. Así consta na resolución do Diario Oficial de Galicia pola que se establecen as bases reguladoras da convocatoria e se abre o prazo de presentación de solicitudes desta axuda, incluída no Plan de Vivenda 2018-2021.

O obxectivo destas subvencións é contribuír ao asentamento de mozos nos concellos menos poboados, favorecendo a fixación de poboación nova nas áreas máis rurais de Galicia.

Enlace.- Noticia con máis información