Decreto para o control da calidade da edificación. Xunta de Galicia. 2011

Decreto para o control da calidade da edificación. Xunta de Galicia. 2011

Con data de 1 de marzo de 2011 publicouse o Decreto 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente. 

O obxecto do presente decreto é regular as condicións exixibles para a presentación da declaración responsable das entidades de control de calidade da edificación e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación (en diante ECCE e LECCE) con sede na comunidade autónoma de Galicia, co obxecto de iniciar a súa actividade, así como regular a súa inscrición no rexistro correspondente.

Ligazón.- Decreto 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente.