Axudas en materia de vivenda para danos causados pola explosión de material pirotecnico en Tui (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas en materia de vivenda para danos causados pola explosión de material pirotecnico en Tui (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Prevense dous tipos de axudas para os afectados pola explosión de material pirotécnico de Paramos (Tui):

 

  1. Axudas para aloxamento provisional.
  2. Axudas para gastos en vivendas danadas e no seu enxoval doméstico.

 

As contías das axudas variarán, segundo a vivenda resultase en situación de ruína ou sexa susceptible de rehabilitación, así como nos supostos de que a citada vivenda sexa ou non residencia permanente e habitual das persoas moradoras. Para o caso de que os danos ocasionados determinen a ruína da vivenda, as axudas poderán destinarse tanto á súa reconstrución como á adquisición dunha nova vivenda, para poder satisfacer de xeito inmediato a necesidade de vivenda das persoas afectadas.

 

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 7-06-2018