Mesa sectorial de vivenda: Marín Urbano, para vivir. Oportunidades para o crecemento dun territorio punteiro

Mesa sectorial de vivenda: Marín Urbano, para vivir. Oportunidades para o crecemento dun territorio punteiro

Evento: Marín Urbano, para vivir. Oportunidades para o crecemento dun territorio punteiro

Data: 24 de marzo de 9:00 a 10:30

Lugar: Museo Municipal Manuel Torres, Marín

O programa da mesa está estruturado en cinco bloques:

● Marín presente: no que se analizará a situación e o planeamento urbanístico, así como as expectativas de crecemento para facer o territorio máis integrado.
● Marín futuro: para avaliar as posibilidades de inversión privada, co obxectivo de xerar un parque de vivenda atractiva para a poboación.
● Marín activa e estratéxica: valorando a política municipal como a ferramenta de transformación urbana e inmobiliaria, tendo á Axenda Urbana de Marín como folla de tura do urbanismo sostible, intelixente e pensado para as persoas.
● Marín histórico: no que falar da rehabilitación de vivenda para embelexer e rehabitar as zonas ARI e analizar o funcionamento das axudas públicas como incentivo da mellora urbana.
● Marín arquitectónico: destacando aquelas xoias do patrimonio urbano que son unha oportunidade para a xeración de negocio.

A Mesa está dirixida a construtoras, promotoras, inmobiliarias, estudos arquitectónicos, administradores de fincas e outras empresas do sector. No caso de que algunha estea interesada en asistir, pode facelo escribindo un correo a prensa@concellodemarin.es e contara coa intervención dodirector xeral do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), Heriberto García; a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; o presidente da delegación de Pontevedra do COAG, Anselmo Villanueva; a arquitecta municipal, Rosa García; a responsable da oficina ARI do Concello, Ibana Conte, e o xefe de servizo de Urbanismo, Alberto Pensado, que moderará a mesa.

Máis información e inscricións en: Concello de Marín