Programa de axudas ao alugamento de vivendas (2018-2021). IGVS, Xunta de Galicia

 Programa de axudas ao alugamento de vivendas (2018-2021). IGVS, Xunta de Galicia

Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.
 

LIÑAS DE AXUDAS E CONTÍA

As persoas beneficiarias deste programa poderán acceder ás seguintes liñas de axudas:

  • Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda, cuxa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento, a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda determinarase en función da renda mensual do alugamento e da idade da persoa solicitante:

    • Para persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual de alugamento.

    • Para persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugamento.

  • Liña B. Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, cuxa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude.

    • Contía da axuda: 50% da renda mensual de alugamento da vivenda

Fonte.- IGVS