Subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade na vivienda(2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade na vivienda(2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Con carácter xeral as axudas financian o 60% do custo da actuación. No caso concreto de instalación de novos ascensores e elevadores as axudas poden chegar aos 4.500 euros para as vivendas unifamiliares e dúplex, ata os 28.000 euros para os edificios residenciais con máis de 8 vivendas e aos 35.000 euros no caso de edificios residenciais con 8 vivendas ou menos. Para a colocación de salva escaleiras e doutros dispositivos de accesibilidade, as subvencións acadan os 2.000 euros, ata os 1.000 para o caso de salva escaleiras de cadeira e, ata os 2.000 para salva escaleiras de plataforma. Esta liña específica de axudas foron impulsadas o ano pasado pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, cun investimento de case 1,3 millóns de euros, propiciando a instalación de 59 ascensores, salva escaleiras e outros mecanismos de accesibilidade para dar servizo a un total de 434 vivendas.

 

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 26-03-2018