O alugueiro residencial en Galicia. 2018. (Documento borrador)

O alugueiro residencial en Galicia. 2018. (Documento borrador)


Este informe dedícase ao estudo do alugueiro residencial en Galicia, actividade tradicionalmente marcada por un menor volume de datos e de información en comparación co mercado da compravenda de vivenda. O informe aborda un capítulo dedicado a tratamento de datos estatísticos para caracterizar a vivenda en alugueiro en Galicia, tanto dende a perspectiva edificada como dende un enfoque socioeconómico. Ante a falta de datos oficiais, é fundamental o apartado dedicado á análise do prezo medio do alugueiro en Galicia mediante os datos propios do IGVS e dos principais portais inmobiliarios. Este primeiro capítulo remata cunha sección dedicada ao alugueiro e á mocidade, polas dificultades que afronta este colectivo para emanciparse, e as estatísticas relativas á litixiosidade nos arrendamentos. A continuación, faise unha relación das principais actuacións e axudas concedidas a través do IGVS con respecto ao alugueiro, así como doutros organismos autonómicos e as axudas a nivel municipal existentes para as sete cidades galegas no ano 2017.


Índice de contidos:

Introdución 
Metodoloxía 
O parque de vivenda en alugueiro en Galicia  
         Censo de alugueiro e outros réximes de tenza  
         Características xerais do parque de vivendas en alugueiro  
         Características socioeconómicas dos fogares en alugueiro  
         Prezo do alugueiro  
         Gasto dos fogares en alugueiro  
         Mocidade e alugueiro  
         Litixiosidade dos arrendamentos  
Resumo das características tipo do alugueiro residencial galego  
Análise das actuacións do IGVS en materia de alugueiro  
Outras axudas ao alugueiro da Xunta de Galicia  
Accións de fomento do alugueiro a nivel municipal  

 

Documento.- O alugueiro residencial en Galicia