Plan aragonés para o fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas no período 2014-2016. Goberno de Aragón

Plan aragonés para o fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas no período 2014-2016. Goberno de Aragón

Con data 29 de xullo de 2014 publicouse o Decreto polo que se regula o Plan aragonés para o fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas no período 2014-16.

O presente decreto, que dá cumprimento ao disposto polo Real decreto 233/2013, de 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbana, 2013-2016, xira ao redor de dous eixes: o fomento do alugueiro de vivendas e a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas para o período 2014-2016.

Esta norma conta cun total de tres capítulos. No capítulo primeiro establécense as disposicións xerais do plan e especifícase que as súas actuacións se levarán a cabo a través da concesión de axudas, é dicir, subvencións orientadas a cumprir os fins establecidos no plan e que se desenvolvesen mediante as correspondentes convocatorias.

Ligazón.- Decreto 120/2014, de 22 de xullo, do Goberno de Aragón, polo que se regula o Plan aragonés para o fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas no período 2014-16.