Plan de rehabilitación e vivenda de Estremadura 2013-2016. Junta de Extremadura

Plan de rehabilitación e vivenda de Estremadura 2013-2016. Junta de Extremadura

Con data 2 de agosto de 2013 publicouse o Decreto 137/2013, de 30 de xullo, polo que se aproba o Plan de rehabilitación e vivenda de Estremadura 2013-2016 e as bases reguladoras das subvencións autonómicas nesta materia.

Os obxectivos que persegue este plan son os seguintes:

Mellorar a conservación, accesibilidade e habitabilidade das vivendas existentes, integrando nestas obras sempre o factor da eficiencia e aforro enerxéticos como elemento transversal e orientado a cumprir cos obxectivos de redución das emisións de carbono que nos afectan como país comprometido co desenvolvemento sustentable.

Promover o alugueiro como opción rápida, segura e estable no acceso á vivenda para as familias que non optan pola adquisición ou non poden conseguir financiamento para a compra da vivenda.

Ligazón.- Decreto 137/2013, de 30 de xullo, polo que se aproba o Plan de rehabilitación e vivenda de Estremadura 2013-2016 e as bases reguladoras das subvencións autonómicas nesta materia