Plan de vivenda de Canarias 2009-2012. Gobierno de Canarias

Plan de vivenda de Canarias 2009-2012. Gobierno de Canarias

Con data 2 de novembro de 2009 aprobouse o Decreto 135/2009, de 20 de outubro, polo que se regulan as actuacións do Plan de vivenda de Canarias para o período 2009-2012.

Trátase dun plan de carácter eminentemente social, mediante o recoñecemento de colectivos que ostentan a condición de preferente protección, para efectos de acceder a unha vivenda. Neste sentido, outórgase unha maior atención económica ás familias cuxos ingresos non exceden de 2,5 veces o IPREM así como a outros colectivos vulnerables que son enumerados no apartado 2 do artigo 7 deste decreto.

Xunto a estes colectivos de especial atención, o Plan de vivenda de Canarias 2009-2012 reforza as actuacións dedicadas á mocidade canaria, a través do establecemento de axudas adicionais para a adquisición ou o alugueiro de vivendas protexidas destinadas aos mozos con idades que non superen os 35 anos.

Ligazón.- Decreto 135/2009, de 20 de outubro, polo que se regulan as actuacións do Plan de vivenda de Canarias para o período 2009-2012.