Plan de vivenda do Principado de Asturias 2014-2016. Gobierno del Principado de Asturias

Plan de vivenda do Principado de Asturias 2014-2016. Gobierno del Principado de Asturias

Este plan establece o marco estratéxico que impulsa as políticas de vivenda dos próximos anos, os obxectivos, as liñas e as medidas que se van adoptar, tendo en conta os recursos financeiros existentes. Establece un marco a partir do cal desenvolver políticas activas de vivenda encamiñadas a avanzar nas garantías do dereito constitucional ao goce dunha vivenda digna e adecuada.

Os obxectivos xerais do plan son:

  • Implantar medidas diferenciadas para dar solucións a distintas situacións de di­ficultade de acceso a unha vivenda.
  • Fomentar o uso e­ficiente e sustentable dos recursos existentes en materia de vivenda.
  • Reducir o número de vivendas desocupadas. Apostar pola cidade consolidada, cohesionada, amigable e adaptada, e a rehabilitación de núcleos rurais.
  • Promover a vivenda sustentable e autosuficiente adaptada ás necesidades e capacidades.
  • Coadxuvar á reactivación do sector da construción, promovendo medidas que permitan que o crecemento da actividade se produza de maneira ordenada e sustentable.
  • Fomentar a transparencia e o acceso á información.

Ligazón.- Plan de vivenda do Principado de Asturias 2014-2016