Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Ministerio de Fomento. 2018

Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Ministerio de Fomento. 2018

O 10 de marzo de 2018 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018 – 2021.

A implantación deste plan non é automática, posto que a súa execución require a sinatura dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e as comunidades autónomas e a posterior publicación das correspondentes convocatorias de cada programa de axudas ou a sinatura de acordos específicos, segundo o correspondente programa. 

Este plan prevé os seguintes programas de axudas:

1. Programa de subsidiación de préstamos convidos. 
2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda. 
3. Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual. 
4. Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer. 
5. Programa de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sostibilidade en vivendas. 
6. Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas. 
7. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural. 
8. Programa de axuda aos mozos. 
9. Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

Documento.- Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda 2018-2021