A rehabilitación residencial en Galicia. 2018. (Documento borrador)

A rehabilitación residencial en Galicia. 2018. (Documento borrador)

O estudo A rehabilitación residencial en Galicia céntrase no tema da rehabilitación residencial que, tras o cambio de ciclo económico, se converteu nunha prioridade no ámbito das políticas de vivenda. Abordase esta temática dende varios enfoques. O primeiro capítulo ten como obxectivo coñecer a situación do parque de vivendas galego para valorar as necesidades que poidan existir e o potencial de rehabilitación que presenta. Para isto, estúdanse cuestións relativas ao nivel de satisfacción coa vivenda por parte dos seus ocupantes, datos sobre a súa antigüidade, as instalacións coas que contan, as fontes de enerxía utilizadas e os problemas que presentan. Tamén cómpre considerar o contorno no que se insiren e acometer a cuestión residencial dende unha perspectiva ampla, polo que se aborda, así mesmo, a potencialidade de rexeneración urbana. Analízase ademais o papel que desempeña a rehabilitación no sector económico da construción residencial en España e en Galicia. A continuación, realízase unha enumeración das actuación do IGVS en materia de rehabilitación, tanto das actuacións directas como das axudas a particulares e a administracións locais. Tamén se recollen as axudas doutros organismos autonómicos e as axudas a nivel municipal para as sete cidades galegas no ano 2017.

 

Índice de contidos:

Introdución
Metodoloxía
Tendencias poboacionais en Galicia
O potencial de rehabilitación do parque de vivendas galego
      Datos con respecto ao ano de construción das vivendas
      Instalacións das vivendas
      Fontes de enerxía consumidas nas vivendas
      Problemas das vivendas
      Percepción do estado da vivenda
O potencial de rexeneración urbana
      Impacto negativo na paisaxe
      Problemas no contorno
      Servizos exteriores
O papel da rehabilitación na construción residencial
Resumo das características tipo do parque edificado galego en relación coa rehabilitación
Análise das actuacións do IGVS en materia de rehabilitación
Outras axudas á rehabilitación da Xunta de Galicia
Accións de rehabilitación a nivel municipal
 

Documento.- A rehabilitación residencial en Galicia