O IGVS xestionará no 2019 case 40 M€ co fin de manter o impulso dás políticas de rehabilitación e de acceso á vivenda social

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que as políticas de vivenda será unha das principais apostas do departamento que dirixe, grazas ao orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que xestionará case 40 millóns de euros, cos que manterá o impulso ás políticas de rehabilitación e de acceso á vivenda.

Así o puxo de manifesto durante a reunión do Consello do Observatorio de Vivenda de Galicia, aos que agradeceu a participación e as achegas desde a súa experiencia para avanzar nun obxectivo común: coñecer o mercado da vivenda na Comunidade galega.

Enlace.- Noticia con máis información