Radon. Guía de recomendacións para vivendas existentes

O obxectivo desta guía é definir unha folla de ruta dos pasos que debe dar o usuario para comprobar se a súa vivenda está en risco e as posibilidades de actuación que ten para reducir o risco da acumulación do Radon.

Na parte II, “Anexo técnico”, especifícanse as distintas solucións construtivas, incluído o seu custo estimado para o que se terán en conta as obras complementarias e necesarias para levala a cabo, a súa correcta execución, así como as súas vantaxes e inconvenientes, co obxecto de lle facilitar ao técnico a elección das medidas máis adecuadas a cada caso particular.

Ligazón.- Radon. Guía de recomendacións de mitigación en vivendas existentes