Base de datos da construción de Galicia (BDC)

Base de datos da construción de Galicia (BDC)

A BDC é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou como elemento de consulta. Contén os prezos básicos -maquinaria, man de obra, produtos e materiais- e unha parte importante das unidades de obra empregadas en edificación, urbanización -obra civil, restauración, mantemento e seguridade- e saúde laboral. A maioría dos prezos contidos son paramétricos. Tamén inclúe pregos de condicións, gráficos e textos que poden empregarse ao desenvolver un proxecto.

Na versión en liña pódese consultar, ademais, a base de prezos doutras comunidades, así como diversos catálogos de fabricantes de construción; descargar en formato FIEBDC as bases de prezos e os catálogos para traballar co programa de orzamentos; elaborar orzamentos e exportar a formato FIEBDC; gardar os orzamentos para consultas posteriores ou comparar os diferentes orzamentos realizados con base nun mesmo concurso.

Ligazón.- Base de datos da construción de Galicia

Ligazón.- Versión en liña da base de datos da construción de Galicia