Apróbase a modificación do plan parcial de Navia, que permitirá acadar os 15.000 veciños

Apróbase a modificación do plan parcial de Navia, que permitirá acadar os 15.000 veciños

A Xunta do Goberno Local aprobou a modificación do plan parcial de Navia, que se someterá a información pública durante dous meses. A nova versión deste plan permitirá construír 1.600 vivendas e facer que o barrio acade os 5.000 novos veciños, que elevarán a poboación a preto de 15.000 persoas. A área a desenvolver pola Consellería de Infraestruturas complétase con 24.000 metros cadrados para uso dotacional e 23.000 metros cadrados para uso comercial.

Fonte.- Faro de Vigo