Guía sobre as axudas para obras de rehabilitación de eficiencia enerxética en vivenda

Esta guía elabórase co obxecto de acercar e dar unha orientación das axudas para eficiencia enerxética de edificios, no marco dos fondos europeos de recuperación, pero débese atender ás bases reguladoras, así como aos requisitos correspondentes de cada convocatoria na
súa publicación no DOG.

Guía de arquitectura pasiva para vivendas en Galicia

A Guía de arquitectura pasiva para vivendas en Galicia é un documento do Instituto Galego de Vivenda e Solo, publicado en Santiago de Compostela no ano 2017.

Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia

O Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia é un documento editado, en Santiago de Compostela, polo Instituto Galego de Vivenda e Solo no ano 2017. Con este manual, e nunha clara aposta pola calidade e a sustentabilidade da construción, ofréceselles unha nova ferramenta aos profesionais do sector que van proxectar e executar obras destinadas á recuperación de edificacións existentes.