A construción de 36 novas vivendas de promoción pública en Cambeses (Vigo) comezará antes do vindeiro verán

A construción de 36 novas vivendas de promoción pública en Cambeses (Vigo) comezará antes do vindeiro verán

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, presentou o proxecto para a construción de 36 novas vivendas de promoción pública nesta cidade, que se licita por 5 millóns de euros e cuxas obras comezarán antes do vindeiro verán. 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a licitación desta actuación, cun prazo de execución de 24 meses, aínda que se prevé que se poida rematar a comezos do 2020. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de xaneiro. 

Documento.- Presentación da construción de 36 novas vivendas de promoción pública en Cambeses

Fonte.- Instituto Galego de Vivenda e Solo