Destínanse 2,1 millóns de euros a mercar e rehabilitar edificios abandonados no centro histórico de Betanzos

Destínanse 2,1 millóns de euros a mercar e rehabilitar edificios abandonados no centro histórico de Betanzos

A Xunta de Galicia adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono no casco vello de Betanzos para rehabilitalos e destinalos a alugueiro social. O obxectivo é acadar arredor de dez novas vivendas rehabilitadas, destinando 500.000 euros en 2018 á adquisición de ditos inmobles e 1,6 millóns máis para a súa rehabilitación, cun investimento toal de 2,1 millóns de euros. Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe co que a Xunta de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas.

Fonte.- Xunta de Galicia