O vindeiro 16 de febreiro terá lugar a reunión para constituír o Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia

O vindeiro 16 de febreiro terá lugar a reunión para constituír o Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia

Trala presentación do Observatorio da Vivenda de Galicia (OVG), o vindeiro 16 de febreiro terá lugar, na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Santiago de Compostela, a reunión para a constitución do Consello do OVG. A devandita reunión terá lugar ás 12:00 horas.

Este Consello estará conformado por representantes das administracións públicas con competencias na materia e representantes de institucións ou asociacións do sector da vivenda. A función principal do devandito Consello será o impulso e a coordinación dos traballos que realicen as diferentes seccións que ao seu abeiro se constitúan.

A orde do día será a seguinte:

  • - Presentación do Observatorio da Vivenda de Galicia (OVG)
  • - Aprobación do regulamento do Observatorio
  • - Constitución do consello e das seccións do Observatorio
  • - Temas e informes externos para abordar nos próximos meses
  • - Rogos e preguntas