A primeira Lei de rehabilitación de Galicia facilitará a recuperación de 100.000 vivendas

A primeira Lei de rehabilitación de Galicia facilitará a recuperación de 100.000 vivendas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou o inicio da tramitación da primeira Lei de rehabilitación e de renovación e rexeneración urbana de Galicia, que facilitará a recuperación de 100.000 vivendas en núcleos rurais e centros históricos, apostando pola protección do patrimonio e a dinamización da actividade económica e social, así como a posta en valor da contorna.

Así mesmo, Feijóo precisou que o novo documento aposta pola planificación e a coordinación entre administracións; a eliminación de trabas burocráticas e a dotación de recursos económicos, sobre todo financeiros, como bases para facilitar a rehabilitación.

Fonte.- Xunta de Galicia