A Xunta explícalle ao concello de Ferrol o proxecto de rehabilitación de vivendas na zona de Ferrol Vello

A Xunta explícalle ao concello de Ferrol o proxecto de rehabilitación de vivendas na zona de Ferrol Vello

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, mantivo unha xuntanza coas concelleiras de Ferrol encargadas das áreas de urbanismo, María Fernández Lemos, e benestar social, Saínza Ruíz Ferreño, así como coa xerente de urbanismo, Anta Martín Torres, co obxectivo de explicarlles o programa de adquisición e rehabilitación de inmobles na zona de Ferrol Vello posta en marcha pola Xunta.

Na xuntanza, o director xeral convidou ao concello de Ferrol a sumarse á iniciativa poñendo a disposición da Consellería de Infraestruturas e Vivenda os inmobles propiedade do Concello, pendentes de rehabilitación, na zona de Ferrol Vello e a cofinanciar as actuacións, de maneira que se poida incrementar o número de inmobles a recuperar.

Fonte.- Xunta de Galicia