O esforzo financiero dos fogares en vivenda aumenta ata niveis próximos á burbulla inmobiliaria

O esforzo financiero dos fogares en vivenda aumenta ata niveis próximos á burbulla inmobiliaria

O esforzo que realizan as familias para comprar unha vivenda atópase en niveis próximos á burbulla inmobiliaria, destacando Madrid, Barcelona, Sevilla, Palma de Mallorca e Málaga. Nestas capitais onde os prezos escalaron con forza nos últimos meses, o esforzo aproxímase ou mesmo supera o 40%, preto dos ratios dos anos 2005-2006, os exercicios previos á crise inmobiliaria de 2008. O límite máximo recomendado de esforzo financiero dos fogares en España atópase sobre o 30%, mentres que, segundo os datos que manexa Uve Valoraciones, nos 276 municipios de maior poboación do país a taxa de esforzo atópase actualmente en torno ao 40,5% dos ingresos. 

Palma de Mallorca é a que conta actualmente cunha situación máis crítica, cun esforzo medio do 58,74%, seguida por Madrid (56,97%), Málaga (51,09%) e Barcelona (50,47%), como as provincias nas que se supera o 50% de ratio de esforzo. O resto das provincias que superan o 30% recomendado son As Palmas (41,07%), Alicante (39,96%), Bilbao (39,30%), Sevilla (38,88%), Valencia (35,51%), Córdoba (32,16%) e Zaragoza (30,81%). 

Poñendo a lupa nalgúns barrios de Madrid e Barcelona, o esforzo máis elevado dase en Ciutat Vella, onde a renda media é de 23.821 euros e o esforzo de compra elévase a 87,57%, mentres que o do alugueiro é do 97,57%. En Eixample, cunha renda media de 44.874 euros, o esforzo é do 65,4% en compra e do 55,19% en alugueiro. Séguelle o barrio madrileño de Retiro cunha renda media de 56.077 euros e un esforzo para a compra do 64,56% e do 40,74% en alugueiro. Por último, no distrito de Salamanca o esforzo en compra é do 61%.

O máximo esforzo alcanzouse en 2007, cando a taxa era do 59,5%, e o mínimo en 2021, un 30,9% da renda familiar. A análise reflicte que a situación complícase sobre medida nalgúns dos municipios máis turísticos do país. Así, a análise da taxadora asegura que neste caso o esforzo de compra chega a superar o 60% da renda neta familiar. 

Fonte.- El Economista