O Goberno Central aproba unha liña de 340 millóns de euros para vivenda asequible e rehabilitación

O Goberno Central aproba unha liña de 340 millóns de euros para vivenda asequible e rehabilitación

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana anunciou este martes 19 de marzo que levarase ao Consello de Ministros para a súa aprobación a liña de 430 millóns de euros que se acordou o pasado mes de xaneiro coas comunidades autónomas para a rehabilitación de vivendas e espazos urbanos, asi como a construción de vivenda asequible. Esta cantidade súmase aos case 3.500 millóns de euros que xa se puxeron en disposición das comunidades autónomas dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). 

Adicionalmente, a ministra aportou máis información nas súas declaracións recentes sobre o convenio que se firmará con dez comunidades para a construción de 3.233 vivendas de alugueiro social, que sumaranse ás 22.242 actuais, o que supón unha cifra en torno ás 25.000 vivendas que se atopan en diferentes fases, dende as que están conveniadas, en construción ou xa entregadas. O investimento total neste proceso é preto de 1.000 millóns de euros. 

Fonte.- La Voz de Galicia