A previsión actual de Solvia é un descenso na venda de casas e subidas nos prezos de compra e alugueiro en 2024

A previsión actual de Solvia é un descenso na venda de casas e subidas nos prezos de compra e alugueiro en 2024

Segundo o informe 'IV Solvia Market View 2023' de Solvia, que analiza a situación do mercado inmobiliario, as principais conclusións que se obteñen é que se mantería a tendencia correspondente ao cuarto trimestre de 2023, e o prezo da vivenda aumentaría entre un 2% e un 3%, mentres que o alugueiro o faría entre un 5% e un 7%.

No último trimestre de 2023, o valor promedio dos inmobles residenciais aumentou un 1,6% na súa taxa anual, ata os 1.938 €/m2. Concretando, a vivenda de segunda man incrementou un 1,7% interanual, ata os 1.943€/m2, mentres que o prezo da vivenda de nova construción creceu un 0,7%, ata os 2.158€/m2. O prezo da vivenda é máis elevado en Madrid e Barcelona, superior ao resto de capitais de provincia, exceptuando San Sebastián, que continúa liderando os prezos. En canto ao prezo do alugueiro, o incremento interanual no último trimestre de 2023 correspondeu ao 7%, ata os 12,3 €/m2. 

En relación á compravenda de vivendas Solvia anticipa un axuste preto do 5% a final de ano. No periodo comprendido entre outubro e decembro de 2023, contabilizáronse un total de 129.875 compravendas, o que corresponde a un descenso do 13,5% en comparación ao mesmo periodo do ano anterior. No total do ano, foron 583.042 as operacións rexistradas. 

O informe amosa tamén que o número de licenzas de obra nova no último trimestre de 2023 foron 26.707 visados, un aumento do 3,8% respecto ao trimestre anterior. No conxunto de ano tramitáronse 107.934 permisos, superando por terceiro ano consecutivo os 100.000, aínda que sufriu unha pequena caída do 0,9% fronte ao ano anterior. 

Fonte.- Idealista