Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia

Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia

O Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia é un documento editado, en Santiago de Compostela, polo Instituto Galego de Vivenda e Solo no ano 2017. Con este manual, e nunha clara aposta pola calidade e a sustentabilidade da construción, ofréceselles unha nova ferramenta aos profesionais do sector que van proxectar e executar obras destinadas á recuperación de edificacións existentes.

A guía configúrase como un instrumento sinxelo que lles permita aos técnicos e profesionais implicados no eido da rehabilitación adoptar solucións — tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalacións— que garantan estándares necesarios en accesibilidade, habitabilidade, funcionalidade e seguridade estrutural.

Ademais, facilítase o traballo de determinar as solucións de rehabilitación óptimas en materia de aforro enerxético en función da mellora que se pretenda acadar e da localización do edificio relativo ás variables climáticas específicas da zona.

Documento.- Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia