Accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia cínxese ás coas esixencias do Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.