El Gobierno de Madrid duplicará en 2026 las subvenciones para rehabilitación de viviendas y destinará un 42% más a la construcción de vivienda social | Observatorio de Vivenda

El Gobierno de Madrid duplicará en 2026 las subvenciones para rehabilitación de viviendas y destinará un 42% más a la construcción de vivienda social

El Gobierno de Madrid duplicará en 2026 las subvenciones para rehabilitación de viviendas y destinará un 42% más a la construcción de vivienda social

O Goberno da Comunidade de Madrid presentou o proxecto de Lei de Orzamentos para 2026, que reforza especialmente as partidas destinadas a sanidade, educación e vivenda. As contas autonómicas incrementarán un 42% os fondos para a construción de pisos a través da Axencia de Vivenda Social (AVS), o antigo Ivima, e duplicarán os recursos para subvencións dirixidas á rehabilitación de edificios residenciais. A AVS disporá de 244,3 millóns de euros, un 7% máis ca no exercicio actual, dos cales 116,6 se investirán en novas promocións destinadas a familias e persoas con menos recursos. Ademais, prevese a entrega de máis de 700 vivendas de protección social das 2.100 comprometidas nesta lexislatura, así como a finalización de 3.200 pisos incluídos no Plan Vive, orientado a facilitar o alugueiro a prezos asumibles.

Tamén se reforzará o programa Mi Primera Vivienda, que contará cun orzamento de 30 millóns de euros para ampliar o número de beneficiarios e financiar avales destinados á compra de vivendas de obra nova. O límite de idade para acceder a este plan elévase ata os 50 anos, co obxectivo de favorecer o acceso á propiedade a un maior número de madrileños. Pola súa banda, o Plan Rexional de Rehabilitación de Vivenda experimentará un notable incremento, ata os 40,6 millóns de euros, un 75% máis ca en 2025. Estas axudas permitirán mellorar a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos edificios, mediante a instalación de ascensores e a reforma das fachadas para reducir o consumo en climatización.

Fuente.- 20minutos