Ley 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia. 2019

Ley 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia. 2019

A presente lei, nace coa vocación de crear un marco estable, integrado e claro que permita impulsar e axilizar as actuacións en materia de rehabilitación e rexeneración urbanas, facilitando as intervencións das persoas particulares e coordinando as políticas públicas nesta materia. Permitirá, así mesmo, dar resposta ás necesidades de actuación nas vivendas e locais, mellorar os servizos e infraestruturas, integrar as políticas de protección do patrimonio cultural, atender ás necesidades de mobilidade das persoas residentes e fomentar a eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables en consonancia coas directrices europeas.

Consecuentemente, a lei pon especial incidencia, ademais de en a rehabilitación dos edificios, na rexeneración urbana de áreas degradadas a través da realización de plans de viabilidade, diagnose e integración, en aras de conseguir a recuperación e accesibilidade dos espazos urbanos e posibilitar o deseño de programas dirixidos ao asentamento da poboación.

Máis información.- Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.