Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia. IGVS. 2017

Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia. IGVS. 2017

O Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia é un documento editado en Santiago de Compostela polo Instituto Galego de Vivenda e Solo no ano 2017. Este manual supón unha clara aposta pola calidade e a sustentabilidade da construción e constitúe unha nova ferramenta para os profesionais do sector que van proxectar e executar obras destinadas á recuperación de edificacións existentes.

A guía configúrase como un instrumento sinxelo que lles permita aos técnicos e profesionais implicados no eido da rehabilitación adoptar solucións (tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalación) que garantan estándares necesarios en accesibilidade, habitabilidade, funcionalidade e seguridade estrutural.

Ademais, facilítase o traballo de determinar as solucións de rehabilitación óptimas en materia de aforro enerxético en función da mellora que se pretenda acadar e da localización do edificio relativo ás variables climáticas específicas da zona.

Documento.- Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia