SAÚDO DA CONSELLEIRA

 

Con estas liñas quero darlles a benvida á web do Observatorio da Vivenda de Galicia, un instrumento creado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galicia para poñer a disposición de todos os axentes sociais e económicos que participan no desenvolvemento dun sector socioeconómico clave para Galicia.

A través do Observatorio pretendemos facilitar o acceso á información e ao coñecemento de todos os aspectos relacionados co mundo da vivenda, de maneira que administracións, empresas públicas e privadas e calquera interesado neste mundo estean nas mellores condicións para adoptar decisións eficaces e adaptadas ás necesidades do país.

Esta web é a cara pública dun organismo no que, ao lado da Xunta de Galicia, participan os concellos galegos a través da Fegamp, as empresas promotoras, inmobiliarias e construtoras, os colexios profesionais de arquitectos, enxeñeiros e arquitectos técnicos, asociacións do ámbito profesional e tamén as dedicadas ao traballo social, sindicatos e, en xeral todas aquelas administracións, colexios e asociacións relacionados de unha ou outro maneira co ámbito da vivenda.

Do traballo de uns e outros sairá a información, estudos e traballos que periodicamente verán a luz a través desta web e dos boletíns e publicacións do Observatorio que estarán a disposición dos interesados nas diferentes seccións deste sitio.

Agardamos que este traballo conxunto e multidisciplinar se transforme en eficaces ferramentas de traballo para avanzar de forma decidida na mellora da vivenda en Galicia.

Ángeles Vázquez
Vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda