A Vivenda dunha Ollada é un boletín estatístico periódico que ofrece unha análise detallada e actualizada do mercado da vivenda en Galicia. A través de datos oficiais e indicadores, este documento proporciona información esencial sobre a situación e evolución da vivenda na comunidade autónoma, servindo como ferramenta de consulta para profesionais, e o público xeral.

Adicionalmente á publicación do boletín, o usuario ten dispoñible a información máis detallada en formato de visualización dinámica, co obxectivo de fomentar a consulta e o acceso a unha visión global do sector, a continuación: 

Contido principal:

  • Sector da construción: Seguimento de vivendas iniciadas e terminadas, superficie en construción e variación do parque de vivendas.

  • Importe do alugueiro: Evolución dos prezos mensuais e anuais baseados en fianzas rexistradas.

  • Prezo da vivenda: Análise por m² de vivendas novas e usadas, así como índices de prezos de referencia.

  • Hipotecas sobre vivendas: Número de hipotecas constituídas, importes medios e tipos de interese aplicados.

  • Transmisións de vivenda: Datos desagregados por tipo de operación (compravenda, herdanza, doazóns...) e estado da vivenda (nova ou usada).

  • Accesibilidade: Indicadores como esforzo financeiro, prezo adquirible e risco, que miden a capacidade das familias para acceder á vivenda.

Fontes e metodoloxía:

Os datos recóllense de institucións oficiais como o Instituto Galego de Estatística (IGE), o Instituto Nacional de Estatística (INE), o Colexio de Rexistradores e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), garantindo unha información rigorosa e comparable no tempo.

 

Boletín estatístico - A vivenda dunha ollada

Na seguinte ligazón atópase o boletín periódico trimestral coa principal información do sector da vivenda en Galicia. 

 A vivenda dunha ollada 3T 2025