Os prezos da vivenda crecen en Vigo o dobre que en Galicia e o triplo que en España no terceiro trimestre, segundo Tinsa | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda crecen en Vigo o dobre que en Galicia e o triplo que en España no terceiro trimestre, segundo Tinsa

Os prezos da vivenda crecen en Vigo o dobre que en Galicia e o triplo que en España no terceiro trimestre, segundo Tinsa

Os prezos da vivenda continúan subindo en Vigo en 2024, e fano ademais a moita maior intensidade que a media de España, Galicia e a provincia, acorde aos datos que manexa a taxadora inmobiliaria Tinsa.

O incremento interanual nacional sitúase no 3,1 %, mentres que o incremento trimestral corresponde ao 1,3 %. En Galicia, supéranse estas cifras, alcanzando o 4,7 % interanual e o 1,5 % trimestral, e é aínda maior na provincia de Pontevedra: o 6,9 % e o 2,2 %, respectivamente. Pero en Vigo o teito está mesmo máis arriba: no verán creceu noutro 3,3 e xa suma un 9,7 por cento desde 2023 ata o de agora, é dicir, o triplo que en España e o dobre que en Galicia.

Concretamente, o prezo medio sitúase en 1.846 euros o metro en Vigo, superando en 400 € ao promedio da cidade de Pontevedra, 1.463, e aínda é moito máis económico residir en Lugo e Ourense, alcanzando o prezo medio entre 1.115 e 1.268 euros. En cambio, a cidade da Coruña a supera: 1.965 €/m2, 80 euros máis que en Vigo, aínda que o seu crecemento é menos intenso, un 5,2 % anual e o 1,2 % trimestral.

Fonte.- Atlántico