A Coruña e Vigo acumulan a práctica totalidade das promocións de obra nova en Galicia, segundo os datos de Fegein | Observatorio de Vivenda

A Coruña e Vigo acumulan a práctica totalidade das promocións de obra nova en Galicia, segundo os datos de Fegein

A Coruña e Vigo acumulan a práctica totalidade das promocións de obra nova en Galicia, segundo os datos de Fegein

Vigo e A Coruña son as urbes galegas con máis promocións de obra en activo, e concentran a práctica totalidade da construción de vivendas novas na comunidade autónoma. Mentres a primeira, segundo os datos recolleitos no último informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), ten 38, a segunda conta con trinta. Séguelles Santiago, con 11; Pontevedra, con 8; Ferrol, con 6; Lugo, con 4; e Ourense, con 3. 

A patronal inmobiliaria sinala que en 240 concellos galegos non hai ningunha promoción de obra nova este ano. Ademais de Vigo, A Coruña e Santiago, os municipios de Sanxenxo, Oleiros e os da Mariña lucense acaparan o 88% destes proxectos inmobiliarios. Todos os datos que recolle o informe de Fegein deixan de manifesto que “se está construíndo un 72% menos de vivendas libres novas en Galicia que na década do ano 2000 ao 2010”. 

O presidente de Fegein, Benito Iglesias, considera preocupante que “a oferta de novas vivendas de arrendamento seguirá moi por baixo da demanda”. Isto débese ao incremento de custos que “dificulta o acceso a unha vivenda en propiedade e deriva unha maior proporción da poboación en Galicia ao mercado do alugueiro, cando o stock de vivendas en arrendamento no circuíto de comercialización non supera as 2.600 vivendas no conxunto da nosa comunidade autónoma”. 

Fonte.- El Ideal Gallego