As compravendas de vivendas en España acadan cifras históricas en setembro co maior incremento dos últimos 14 anos, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivendas en España acadan cifras históricas en setembro co maior incremento dos últimos 14 anos, segundo o INE

As compravendas de vivendas en España acadan cifras históricas en setembro co maior incremento dos últimos 14 anos, segundo o INE

As compravendas de vivendas en España experimentaron un notable incremento en setembro, segundo os datos do INE, acadando as 61.887 transaccións, un 41,5% máis en comparación co mesmo mes do ano anterior. Esta cifra supón o maior aumento interanual desde agosto de 2021 e o nivel máis alto de operacións rexistrado nos últimos 14 anos, só superado en xullo de 2007, cando se alcanzaron 63.000 transaccións. O crecemento foi xeralizado, tanto en vivendas de obra nova como de segunda man, e afectou a todas as comunidades autónomas.

O dinamismo do mercado inmobiliario no mes de setembro foi impulsado pola alta demanda de vivendas novas, que rexistraron un aumento do 54,9% respecto ao ano anterior, con 12.531 operacións. Pola súa parte, as vivendas usadas creceron un 38,4%, chegando ás 49.356 compravendas. O 92,4% das transaccións correspondéronse con vivendas libres, mentres que as vivendas protexidas representaron o 7,6%. En termos intermensuais, o número de operacións disparouse un 25,1%, destacando un crecemento acumulado do 3,1% no que vai de ano, liderado polas vivendas novas, cun incremento do 12,2%.

Todas as comunidades autónomas mostraron resultados positivos, lideradas por Extremadura (79,3%), País Vasco (67,4%) e Asturias (57,3%). Galicia rexistrou un aumento do 42,4%, por enriba da media estatal, mentres que as comunidades con menores incrementos foron Navarra (18%) e Baleares (18,5%). Este repunte no mercado atribúese á redución dos custos de financiamento e á expectativa de subas no prezo das vivendas, o que motivou a moitas familias a adiantar a súa compra. A pesar dun stock de vivendas limitado, espérase un peche de ano cunha elevada actividade, que podería superar as 600.000 vivendas vendidas.

Fonte.- Idealista