O prezo do alugueiro increméntase un 10% en outubro, o maior crecemento en 20 meses, acorde a Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro increméntase un 10% en outubro, o maior crecemento en 20 meses, acorde a Fotocasa

O prezo do alugueiro increméntase un 10% en outubro, o maior crecemento en 20 meses, acorde a Fotocasa

En outubro de 2024, o prezo do alugueiro incrementouse un 2,9 % respecto a setembro, rompendo a tendencia á baixa dos últimos tres meses, e situouse en 12,33 euros por metro cadrado. Este aumento representa unha subida interanual do 9,8 %, a maior dos últimos 20 meses. No último ano, o custo medio dun alugueiro para unha vivenda de 80 metros cadrados pasou de 898 euros mensuais en outubro de 2023 a 986 euros en 2024, segundo os datos publicados por Fotocasa.

A directora de Estudos de Fotocasa, María Matos, destacou que o alugueiro alcanzou en outubro o seu maior crecemento do ano, con subas que superan o 10 % en seis comunidades autónomas. Este aumento está vinculado a un forte desequilibrio entre a oferta e a demanda, que alcanza niveis críticos. Todas as comunidades rexistraron subas interanuais, agás Cantabria, que presentou unha caída do 1,1 %. Madrid lidera os aumentos cun 18,3 %, seguida de Castilla-La Mancha, Murcia, Asturias e Galicia, esta última cun incremento do 10,4 %. Só Aragón e Castilla-La Mancha non alcanzaron aínda os seus máximos históricos.

As comunidades autónomas con prezos máis elevados son Madrid, Baleares, Cataluña e o País Vasco, todas por riba dos 15 euros por metro cadrado ao mes. En contraposición, Extremadura presenta o prezo máis baixo, con 6,50 euros/m². A nivel provincial, rexístranse aumentos interanuais en 47 de 50 provincias, destacando subas en Zamora, Palencia e Madrid, mentres que Teruel, Cantabria e Álava experimentaron lixeiros descensos. As provincias máis caras son Madrid, Barcelona e Guipúscoa, mentres que Jaén, Teruel e Cidade Real son as máis accesibles para o alugueiro.

Fonte.- La Voz de Galicia