Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en acceso á vivenda | Observatorio de Vivenda

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en acceso á vivenda

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en acceso á vivenda

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno galego coa mocidade mediante políticas que potencian o emprego, o acceso á vivenda e a educación como ferramentas clave para construír unha Galicia máis próspera.

Así o destacou durante a clausura da presentación da plataforma xuvenil Lideremos en Galicia na Fundación Barrié da Coruña, onde estivo acompañado polos conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos. Durante o acto, o presidente galego puxo en valor o talento e a innovación que os mozos achegan á sociedade galega e valorou este tipo de iniciativas como espazos clave para o diálogo, a reflexión e a creación de políticas conxuntas.

Neste sentido, o titular do Goberno galego sinalou tres ámbitos prioritarios nas políticas da Xunta orientadas á xuventude, comezando polo acceso a unha vivenda. Neste sentido, Rueda recoñeceu a dificultade actual de moitas persoas mozas para emanciparse e explicou que o Goberno galego está a traballar para duplicar o parque de vivendas públicas ata alcanzar as 8.000 unidades. Ademais, sinalou que se reservará o 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e o 25 % á venda para os menores de 36 anos dos inmobles que constrúa a Xunta.

Con todo, salientou iniciativas como o Bono Emancípate, que se activará en 2025 para apoiar aos mozos entre 18 e 35 anos no alugueiro ou compra de vivendas mediante axudas para mobiliario ou electrodomésticos, entre outros, así como os aloxamentos compartidos de alugueiros accesibles para estadías de ata tres anos.

Fonte.- Xunta de Galicia