Unha iniciativa popular vai permitir aos cidadáns lisboetas votar sobre o futuro dos pisos turísticos | Observatorio de Vivenda

Unha iniciativa popular vai permitir aos cidadáns lisboetas votar sobre o futuro dos pisos turísticos

Unha iniciativa popular vai permitir aos cidadáns lisboetas votar sobre o futuro dos pisos turísticos

En Lisboa, un movemento cidadán está a loitar polo futuro dos pisos turísticos na cidade, recollendo asinaturas para convocar un referéndum que permita aos veciños decidir sobre esta cuestión. A iniciativa, que conta con 11.000 firmas entregadas ao Concello, busca prohibir os alugueiros turísticos nas zonas residenciais. O referéndum, previsto para antes de maio do próximo ano, xurde como resposta á crise da vivenda que se vive na capital portuguesa, unha situación que moitos atribúen á falta de regulación das licenzas para os pisos turísticos.

O movemento cidadán xurdiu de maneira espontánea e durante dous anos estiveron recollendo rúa a rúa, barrio a barrio, testemuños da xente interesándose de como viven. Tamén tiveron unha gran acollida por redes sociais. Dende o movemento deféndese que na actualidade, moitos edificios están en mans de investidores que priorizan o alugueiro turístico por encima da vivenda habitual, e que esta crise de vivenda tamén vai de man con outra problemática: a saúde mental dos residentes, que sofren os efectos do ruído constante e a falta de servizos públicos. 

Fonte.- rtve